votos

Valoración global: 0.0 de 5
0 votos
 
0 membros leron o libro.
0 membros queren ler o libro.
0 membros non están interesados en ler o libro.
 

A violencia excedente

Ficha do libro

  • Contemporánea

  • - Autor: Francisco Sampedro
  • - ISBN: 84-8487-088-X
  • - Editado por: Laiovento
  • - Data de edición: 31 Agosto 2006
  • - Páxinas: 122
  • - Lingua de publicación: Galego


  •  

    Para os que non acreditamos no "Mundo de Sofía", nin aínda menos, no de "Alicia", ler filosofía en Galiza, con bastante frecuencia, é motivo de depresión cando non de cabreo. por iso, atoparse cun texto como "a violencia excedente" equivale a ese pulo de ar fresco que ventila e dá vida á podremia dos espazos longo tempo pechados.
    Outro segundo motivo contribúe a que saudemos e nos felicitemos pola aparición dun libro como este dada a necesidade que ten o país de que nel se fagan obras de temática universal e con pretensión de construír puntos de vista para a macroanálise que van máis alá da realidade galega. O libro que tes nas mans, froito dunha conferencia pronunciada polo autor na Universidade de Bolonia nun congreso sobre a paz, non trata de todo o fenómeno da violencia, limítase a analizar toda esa agresividade desproporcionada e irracional que o autor, con metáfora expresiva e axustada cualifica de violencia excedente. O requintado rigor analítico co que está escrito, non debe facernos esquecer que estamos diante dun libro esencialmente político e que, por dereito propio, pertence a ese xénero tan escaso e necesario de "literatura de combate".

     



  • Queres anunciarte neste libro? Máis información aquí.


    • 859 visitas totais
    • 1 membro
    • Última actualización 27 Decembro 2010

Que hai de novo?

Aínda non posteou ninguén aquí - Faino ti para comezar!