votos

Valoración global: 5.0 de 5
1 votos
 
1 membros leron o libro.
0 membros queren ler o libro.
0 membros non están interesados en ler o libro.
 

Trazo de Xiz

Ficha do libro

  • Banda deseñada

  • - Autor: Miguelanxo Prado
  • - ISBN: 978-84-939434-1-7
  • - Editado por: El Patito Editorial
  • - Data de edición: 01 Abril 2012
  • - Páxinas: 104
  • - Lingua de publicación: Galego


  • El Patito Editorial, fiel ao seu compromiso de editar a obra de Miguelanxo Prado, presenta a primeira versión en galego deste álbum imprescindible na súa produción, unha das máis brillantes creacións da banda deseñada da década dos noventa recoñecida cunha longa listaxe de premios a nivel nacional e internacional. Unha nova cuberta e contidos extra engalanan este poético e complexo álbum, que ofrece diferentes niveis de lectura e reclama do lector unha atención demorada. A illa como metáfora, a atmosfera irreal da historia, detalles cargados de significado, intertextos literarios, a carón da forza gráfica, a variedade de rexistros, o dominio técnico do debuxo e da cor, a coidada planificación, a montaxe eficaz subordinada ao halo de misterio, son só algúns dos engados deste álbum, que garante, viñeta a viñeta, que o lector se enganche ata o final e goce do talento dun dos mellores debuxantes europeos. 



  • Queres anunciarte neste libro? Máis información aquí.


    • 1.195 visitas totais
    • 3 membros
    • Última actualización 13 Abril 2012

Que hai de novo?

  • Agustín Agra
    Agustín Agra engadiu á súa biblioteca o libro Trazo de Xiz
    • 25 Maio 2012
  • CuriosoImpertinente
    CuriosoImpertinente: Entrevista a Miguelanxo Prado pola publicación de Trazo de xiz en galego
    “Trazo de xiz foi un libro desequilibrante. Hoxe entraría na normalidade do cómic, pero daquela furaba en cuestións que estaban en cueiros” - Praza Pública
    • 23 Maio 2012
  • CuriosoImpertinente
    CuriosoImpertinente engadiu á súa biblioteca o libro Trazo de Xiz
    • 13 Abril 2012