votos

Valoración global: 4.0 de 5
1 votos
 
0 membros leron o libro.
0 membros queren ler o libro.
0 membros non están interesados en ler o libro.
 

O verán sen homes

Ficha do libro


  • - Autor: Siri Hustvedt
  • - ISBN: 978-84-945403-4-9
  • - Editado por: Editorial Hugin e Munin
  • - Data de edición: 31 Agosto 2016
  • - Páxinas: 228
  • - Lingua de publicación: Galego


  • http://www.huginemunin.com/libros/coleccion-xxi/o-veran-sen-homes/

     

    É verán en Minnesota. Mia Fredricksen, profesora universitaria e poeta na cincuentena, debe facer fronte á decisión do seu home, Boris Izcovich, de interromper a relación conxugal que ambos manteñen dende hai trinta anos. O motivo: unha moza coa que el inicia unha aventura amorosa. Así arrinca unha historia que transcende a literatura de xénero e na que xogan un papel fundamental a memoria e a propia identidade. Pero non só: hai tamén reflexións sobre a velleira, sobre os procesos cognitivos, a bioloxía e a neurociencia, a histeria, a catarse, o desexo, a puberdade, a enfermidade... Hustvedt lograr dotar o relato dunha profundidade e dunha exquisitez sorprendentes; resulta en verdade notable a súa capacidade para abordar cuestións de calado, tanto dende unha óptica humanista coma científica, sen recorrer a frases sisudas nin a densos parrafeos. Co máximo respecto para co lector, a autora imprímelle á novela un ton ameno e accesible que, malia ser novelesco, non dista moito do ensaio divulgativo.

    Escrita en primeira persoa, a obra é íntegra no plano intelectual e tamén no emotivo. Se cadra é por iso, e pola ironía que impregna cada páxina, polo que resulta tan estimulante.



  • Queres anunciarte neste libro? Máis información aquí.


    • 56 visitas totais
    • 1 membro
    • Última actualización 9 Xaneiro

Que hai de novo?

  • toni  vazquez escudero
    toni vazquez escudero: non suelo errar cando decantome por algunha obra desta editorial,  recoñezo que me sorprendeu esta, pois agardaba que se me atragoase un chisco mais non., inda que si houbo momentos nos que me sentin algo perdido, a sua coralidade prevalece... obra ben em...  máis
    • 20 Xaneiro