votos

Valoración global: 3.0 de 5
1 votos
 
1 membros leron o libro.
0 membros queren ler o libro.
0 membros non están interesados en ler o libro.
 

Nordeste

Ficha do libro


  • - Autor: Daniel Asorey
  • - ISBN: 978-84-9151-011-6
  • - Editado por: Editorial Galaxia
  • - Data de edición: 15 Novembro 2016
  • - Páxinas: 156
  • - Lingua de publicación: Galego


  • http://editorialgalaxia.gal/produto/nordeste/

     

    Premio de Narrativa Breve Repsol 2016

    No bergantín Leboreiro, volve a unha Compostela poderosa e marítima Carme de Candingas, vedora maior da República das Santas Irmandades da Galiza. Recibira a orde de visitar as colonias que a patria posuía no Nordeste brasileiro. Naqueles territorios arredados debeu comprobar se o goberno da Compañía Galega de Indias concordaba cos principios xurdidos, había máis de douscentos anos, nas revoltas irmandiñas. Moito despois, na década de 1930, Matilda, unha xornalista que traballa en Sao Paulo, viaxa tamén ao Nordeste para informar sobre a máis perigosa banda de cangaceiros, bandoleiros que coa súa presenza talvez están a crebar o autoritarismo que se apodera do goberno do Brasil e do mundo enteiro. Na dureza daquela viaxe coñecerá a Maria Bonita, a máis famosa salteadora do Brasil. A bandoleira, cunha vida fóra das leis ditadas polos homes, presentaralle o sertao desértico, fermoso e implacable. As tres mulleres sentirán o amor, a violencia e a beleza dunha terra castigada e esquecida. As tres compartirán, ao cabo, a difícil e perigosa opción da liberdade.



  • Queres anunciarte neste libro? Máis información aquí.


    • 199 visitas totais
    • 1 membro
    • Última actualización 20 Xaneiro

Que hai de novo?

  • toni  vazquez escudero
    toni vazquez escudero: novela curta  que mostra distintos xeitos de levala vida pese a toparse baixo o mesmo punto de partida hai quen se decanta pola ustiza  e hai quen pola cobiza outros polo amor e outros pola vinganza... malia que deixoume algo frio pode ser unha boa opcion...  máis
    • 25 Xaneiro