votos

Valoración global: 0.0 de 5
0 votos
 
0 membros leron o libro.
0 membros queren ler o libro.
0 membros non están interesados en ler o libro.
 

O SILENCIO DO ORBALLO

Ficha do libro

  • Poesía

  • - Autor: Jesús María Trashorras Nogueira
  • - ISBN: 978-84-945405-4-7
  • - Editado por: REDELIBROS
  • - Data de edición: 20 Febreiro
  • - Páxinas: 90
  • - Lingua de publicación: GALEGO


  • Do A XEITO DE PRÓLOGO, de José Estévez: 

    Arremedando, emulando o título Os comedores de patacas, unha das novelas de Manuel Rivas (novela, de lectura obrigatoria, que no seu día provocou a ira dalgún dos pais de alumnos por unha escena que na súa opinión era pornográfica –lembremos que foi publicada no ano 1991), Jesús María Trashorras Nogueira é “un comedor de versos” porque soamente quen “come moitos versos” é quen de versificar coa facilidade coa que o fai o poeta de Castroverde. Jesús, un home cun afán intelectual e un talento excepcionais, un home que ama os libros, que está na gloria cun poemario na man, Jesús é un magnate da poesía, un mago que mete a man na chistera e saca un fermoso poema.

    Traio aquí o que xa teño dito noutra ocasión, que para escribir é preciso ler, ler moito, aos clásicos e aos que non o son. Eu sei da especial simpatía do autor pola poesía portuguesa, pola francesa e, como non, pola galega. Neste libro podemos gozar, entre outros, dun poema escrito para a nosa poeta nacional:

    No teu día, Rosalía,

    choven silencios miúdos

    pola banda de Laíño,

    pingas de melancolía

    pola banda de Lestrove.



  • Queres anunciarte neste libro? Máis información aquí.


    • 403 visitas totais
    • 1 membro
    • Última actualización 14 Marzo

Que hai de novo?

  • jose estevez lopez
    jose estevez lopez: Todo poeta creo que ten que
    buscar musicalidade e ritmo nos versos e para lograr ese obxectivo, como xa
    dixen antes, entendo que debemos ler moito, escoitar moita música, e coñecer
    algo da técnica.  Pois ben, todo isto
    est...  máis
    • 14 Marzo
  • jose estevez lopez
    jose estevez lopez: Jesús M. Trashorras
    é diplomado
    en E.X.B e licenciado en Ciencias da Educación. Exerceu  de mestre en varias localidades de Asturias e
    Galiza. E como bo amante da literatura, gusta de escribir e se ben este O
    SIL...  máis
    • 14 Marzo