votos

Valoración global: 0.0 de 5
0 votos
 
0 membros leron o libro.
0 membros queren ler o libro.
0 membros non están interesados en ler o libro.
 

O alfaiate portugués

Ficha do libro


  • - Autor: Xavier Senín
  • - ISBN: 978-84-9865-732-6
  • - Editado por: Editorial Galaxia
  • - Data de edición: 14 Outubro 2016
  • - Páxinas: 204
  • - Lingua de publicación: Galego


  • http://editorialgalaxia.gal/produto/o-alfaiate-portugues/

     

    Conxunto de narracións no que descubrimos o talento dun cronista da realidade de noso.

    Unha realidade próxima, afincada nas paisaxes, anécdotas e tipos humanos da cultura tradicional. Un universo popular que alenta na memoria e na xeografía dos afectos. Un mundo vizoso, próximo e así e todo distante. Case descoñecido. Lobeira é o espazo narrativo de Xavier Senín, territorio máxico onde se desenvolve a meirande parte destas historias. A do alfaiate que vén das terras tramontanas de Portugal rodeado de misterio e que co mesmo misterio desaparece. A do cobrador da luz que percorre de a cabalo as parroquias e a do sancristán que dá concertos de campás e arroutadas de sineta no momento da consagración. A do organista que toca “Yesterday” na misa do Corpus. Un territorio no que fumega a cunca de chocolate das señoritas da vila. Onde perdura o recendo inesquecible do pan quente no forno e a onde seguen a chegar as cartas dos emigrados. Un mundo que está próximo, moito máis do que parece, e que asemade foxe de nós coma unha presada de auga entre os dedos.



  • Queres anunciarte neste libro? Máis información aquí.


    • 57 visitas totais
    • 1 membro
    • Última actualización 6 Abril

Que hai de novo?

Aínda non posteou ninguén aquí - Faino ti para comezar!