votos

Valoración global: 5.0 de 5
5 votos
 
5 membros leron o libro.
0 membros queren ler o libro.
0 membros non están interesados en ler o libro.
 

Diccionario dos seres míticos galegos

Ficha do libro

  • Fantástica

  • - Autor: Antonio Reigosa
  • - ISBN: 9788483023631
  • - Editado por: Edicións Xerais de Galicia, S.A.
  • - Data de edición: 01 Maio 2004
  • - Páxinas: 280 p. : il., lám.
  • - Lingua de publicación: Galego


  • O Diccionario dos Seres Míticos Galegos é unha viaxe a través da mitoloxía do país, asentada na oralidade dos devanceiros e, daquela, un libro de consulta práctico, útil e fermoso ó tempo, pero tamén é unha viaxe que atravesa páxinas de forte contido narrativo, e lectura amena, entretida e divertida. Co rigor dun diccionario e o feitizo dunha novela apaixonante, este libro constitúe unha das máis importantes aportacións ó patrimonio cultural galego nos últimos anos.
    Nas 710 entradas das que consta o Diccionario dos Seres Míticos Galegos pode o lector atoparse con xente cativa, xigantes, olláparos, ananos, xacias, sereas, xerpas, rabenos, encantos, lamias, lavandeiras; entrar no pazo dos mouros e conversar coa Mourindade; roubar o peite da moura; recoller carbóns que se convertan nun tesouro; sufrir con paciencia a trasnos, diaños e tardos; durmir con Pedro Chosco; ter medo da Estadea; fuxir con Brancaflor ou oír os contos de María Castaña.
    O lector poderá visitar as tumbas de Orcavella e a Raíña Lupa; asaltará casas con Pepa a Loba; beberá na fonte de Ana Manana; voará con meigas, chuchonas e nubeiros; correrá sete parroquias cos lobishomes; verá como Deus crea demos e anxos; asombrarase con lobos, cobras, dragóns, basiliscos, cocas, unicornios; navegará no Bergantín Pantasma; andará os camiños coas ánimas da Compaña; tremerá na noite ó escoitar o Paxaro da Morte; enfrontarase co Can Negro, co Lobo Branco, coa Peregrina, coa Zarrulada, co urco e coa Pastoriña; visitará cidades asolagadas e enterradas, como Antioquía, Lucerna ou Valverde, Pozos Peagos e entradas do inferno, Camiños ó Alén e Cabos do mundo; coñecerá os cocos, tales como o home do saco, o sacaúntos, Maríamanta, a meiga dos dentes verdes, o zampón e o orco; lerá o Ciprianillo e desatoará decididamente o saco para pillar os biosbardos.
    Para atopalos, só hai que abrilo por calquera páxina e aparecerán, por orde alfabetica, todos estes seres, entes, lugares, espíritos, ...:
    Abelurio, Abella, Abellón, Aborteiro, Aborto, Abutardo, Achaiacotos, Acompañamento, Afogada, Agoireiras, Agoireiros, Agoiro, Aire, Aire de lagarto, Alacrán, Alcaián, Alceo, Aldrope, Alén, AlicornioAlam, Aloia, Alquimila, Alláparo, Ama de cría dos mouros, Ana Manana, Ananos, Anadarín, Andoriña, Anfíloco, Anfiloquia, Anginum, Ánimas, Ánima soa, Antaruxa, Antruxada, Antaruxado, Antaruxo, Antela, Anticristo, Antioquía, Anxos, Aollador, Aquelarre, Araña, Ara Solis, Árbores, Arco da Lúa, Arco da Vella, Areas movedizas, Armeña, Arrancapiñeiros, Arresponsador, As da noite, Astrólogo de Navín, Ataúlfo, Auga, Aureanas, Aurora, Ave fría, Avelaíña, Avelaiona, Avichuchos, Avexón, Avisóns, Avisos de morte.
    Babilonia, Balán, Balancho, Balas de cera, Balea, Balea xigante de San Cibrao, Balura, Baluros, Bandomil, Barbantesa, Barca que desaparece, Barco afundido, Basilisco, Becerra con cans, Becerro, Beón, Bergantín pantasma, Biosbardos, Birnarém, Bode, Boedo, Boi bruón, Boi de Sandomedio, Boi Louro, Bois de Gures, Boi Vidal, Bolboreta, Borrón, Brancaflor, Brandomil, Braña da Pouza, Braña Rubia, Brañas de Sada, Brate, Brea, Breogán, Bretal, Brigo, Brito, Bruta, Brutamontes, Bruxa, Bruxo, Burgas,m Burra, Burro, Buserana, Busgoso, Butre.
    Cabaleiros, Cabaleiros do rei Arturo, Cabaliño Branco, Cabalo, Cabalo da fiaña,<.



  • Queres anunciarte neste libro? Máis información aquí.


    • 1.618 visitas totais
    • 6 membros
    • Última actualización 14 Febreiro 2011

Que hai de novo?

  • Agustín Agra
    Agustín Agra engadiu á súa biblioteca o libro Diccionario dos seres míticos galegos
    • 27 Maio 2012
  • Cristina Fernández Ameal
    Cristina Fernández Ameal: Este curso estivemos a traballar moito sobre o tema. O libro viunos como anel o dedo.
    • 01 Xullo 2011
  • shapira
    shapira: fue el mejor regalo de cumpleaños que mis padres me hicieron
    • 03 Xuño 2011