Condicións de servizo


Introdución


Redelibros SLNE (en adiante “Redelibros”) pon a disposición dos usuarios de Internet o portal redelibros.com (en diante, a “rede social”) de forma gratuíta. As nosas condicións de servizo son o acordo que establece as bases baixo as que opera o sitio e determina os requisitos e circunstancias a que está suxeito o seu uso. A rede social é unha plataforma de servizos destinada a favorecer a colaboración, integración e comunicación entre os usuarios. Os seus principios principios fundamentais son a liberdade, o acceso á información e o respecto pola privacidade dos usuarios.

Acceso á rede social


O acceso e/ou uso da rede social é totalmente voluntario e atribúe a quen o realiza a condición de membro/usuario. Todo membro/usuario acepta, desde o mesmo momento no que accede, sen ningún tipo de reserva, o contido das presentes "condicións de servizo", a "política de privacidade" e tamén, no seu caso, as "condicións particulares" que poidan complementalas, substituílas ou modificalas nalgún sentido en relación cos servizos e contidos da rede social. En consecuencia, o membro/usuario deberá ler detidamente unas e outras antes do acceso e de utilización de calquera servizo da rede social baixo a súa enteira responsabilidade. En calquera caso, Redelibros resérvase o dereito de, en calquera momento e sen necesidade de previo aviso, denegar o acceso a este sitio a aqueles membros/usuarios que incumpran calquera destas condicións xerais ou das particulares que lles sexan de aplicación, dereito que facemos extensivo á sospeita de que un usuario esté relacionado con calquera tipo de fraude ou actividade ilegal relacionada co noso servizo en calquera momento, con ou sen o seu coñecemento. Redelibros non terá ningunha obrigación co usuario se suspende ou dá por terminado o servizo que lle presta por calquera razón que a empresa considere conveniente. O usuario renuncia a todos os dereitos que puido ter sobre a rede social polo que se refire a tal conduta.


Inserción de contidos e publicidade

A través da inserción de contidos no portal da rede social, o titular lexítimo dos dereitos de propiedade intelectual e industrial ou distribución dos produtos ou servizos anunciados autoriza expresamente a Redelibros a reprodución, distribución e comunicación pública do contido inserido a través de calquera medio electrónico, principalmente Internet e correo electrónico, para todo o mundo con tempo ilimitado. Neste sentido, o membro/usuario declara ter os dereitos suficientes para a inserción do contido na rede social. Así mesmo, Redelibros resérvase a potestade de retirar da rede social aqueles contidos que se consideren non apropiados ás características e finalidades de Redelibros. Os administradores somos os únicos autorizados para incluír publicidade. Esta versará sobre os temas que dan razón de ser á rede: o mundo do libro e os seus axentes. É o noso compromiso manter dita publicidade nun nivel que non che resulte molesto. Así mesmo, tamén nos comprometemos a non ofrecer a terceiros ningunha información persoal que nos facilites.

Responsabilidade dos usuarios


Redelibros non controla nin vixía os contidos publicados por ningún usuario, polo que, ao darche de alta, aceptas a responsabilidade única das túas accións baixo as leis en vigor. Como membro/usuario, es o único responsable de asegurarche da legalidade do teu comportamento e quen ha de velar para que este estea en liña co que a lei establece. O membro/usuario obrígase a utilizar os servizos e contidos que proporciona a rede social conforme á lexislación vixente, os principios de boa fe e usos xeralmente aceptados e a non contravenir a orde pública coa súa actuación a través da rede social. Xa que logo, queda prohibido todo uso con fins ilícitos ou que prexudiquen ou impidan, poidan danar e/ou sobrecargar, de calquera forma, a utilización e normal funcionamento da rede social, ou ben que directa ou indirectamente atenten contra o mesmo ou contra calquera terceiro. O membro/usuario non transmitirá a través do servizo nada que atente contra os valores e a dignidade das persoas, de acordo coas normas nacionais e internacionais. Comprométese a fornecer información verdadeira e exacta. Así mesmo, queda prohibida a reprodución, distribución, transmisión, adaptación ou modificación, por calquera medio e en calquera forma dos contidos da rede social (textos, deseños, gráficos, informacións, bases de datos, arquivos de son e/ou imaxe, logos, etc.) e demais elementos deste sitio, salvo autorización previa dos seus lexítimos titulares ou cando así resulte permitido pola lei. Están prohibidas as mensaxes masivas a toda a comunidade, os contidos explicitamente pornográficos e as actitudes bruscas, violentas, machistas, sexistas, homófobas ou irrespetuosas en xeral con calquera colectivo. Tamén está prohibido utilizar as canles de comunicación e publicación da rede social para un uso comercial ou promocional de produtos ou servizos que non teñan que ver co tema da nosa comunidade. O incumprimento de calquera destas condicións é motivo suficiente para a expulsión inmediata do portal e o borrado do perfil do infractor sen necesidade de comunicación previa por parte dos responsable da rede.

Exclusión de garantías e responsabilidades


Redelibros non garante nin se fai responsable, en ningún caso nin circunstancia, dos seguintes feitos e contidos, nin de calquera danos e prexuízos que puidesen, no seu caso, derivarse dos mesmos:

  • Do uso ilícito, neglixente, fraudulento, suplantando a personalidade dun terceiro ou contrario ao contido destas condicións xerais, á boa fe, aos usos xeralmente admitidos ou á orde pública, do sitio web, dos seus servizos e contidos, polos membros/usuarios.

  • Das vulneracións ou infraccións das leis, usos ou costumes vixentes en materia de dereitos de propiedade intelectual, propiedade industrial, segredos empresariais ou contractuais, dereitos de intimidade, honra, imaxe, propiedade, publicidade ou competencia, entre outros, de terceiros.

  • Pola recepción, almacenamento, obtención, difusión ou transmisión por parte dos membros/usuarios, dos contidos da rede social.

Recordámosche que a identificación dos usuarios en Internet é difícil. Por conseguinte, a rede social non pode asegurar que cada membro ou usuario sexa quen afirma ser. Xa que logo, debes ser consciente e responsable dos teus actos ao tratar con outros usuarios.


Dereitos de propiedade intelectual e industrial


Os textos, deseños, imaxes, bases de datos, logos, estrutura, marcas e demais elementos deste sitio están protexidos polas leis e os tratados internacionais sobre propiedade intelectual e industrial. Calquera reprodución, transmisión, adaptación, tradución, modificación, comunicación ao público ou calquera outra explotación de todo ou parte do contido deste sitio, efectuada de calquera forma ou por calquera medio, electrónico, mecánico ou outro, están estritamente prohibidos salvo autorización previa por escrito de Redelibros ou terceiros titulares. Calquera infracción destes dereitos pode dar lugar a procedementos extraxudiciais ou xudiciais civís ou penais que correspondan. Redelibros non concede ningunha licenza ou autorización de uso de ningunha clase sobre os seus dereitos de propiedade intelectual e industrial ou sobre calquera outra propiedade ou dereito relacionado ca rede social, os servizos ou os contidos do mesmo. A lexitimidade dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial correspondentes aos contidos achegados polos usuarios é da exclusiva responsabilidade dos mesmos. Aos efectos de preservar os posibles dereitos de propiedade intelectual, no caso de que calquera membro/usuario ou un terceiro considere que se produciu unha violación dos seus lexítimos dereitos pola introdución dun determinado contido na rede social, deberá notificar devandita circunstancia, por escrito, a Redelibros SLNE, rúa Urzaiz 125, 36205 Vigo (Galicia), indicando:

  • Datos de carácter persoal identificativos do interesado titular dos dereitos presuntamente infrinxidos. Se a reclamación preséntaa un terceiro distinto do interesado, deberá indicar a representación que exerce e coa que actúa.

  • Indicación dos contidos protexidos polos dereitos de propiedade intelectual e a súa localización na rede social.

  • Acreditación da existencia, titularidade e vixencia dos citados dereitos de propiedade intelectual.

  • Declaración expresa na que o interesado responsabilízase da veracidade dos datos e información facilitados na notificación a que se refire este punto.


Enlaces a terceiros e boletín


A rede social inclúe dentro dos seus contidos enlaces con sitios pertencentes e/ou xestionados por terceiros co obxecto de facilitar o acceso a información dispoñible a través de Internet. Redelibros non asume ningunha responsabilidade derivada da existencia de enlaces entre os contidos deste sitio e contidos situados fora do mesmo ou de calquera outra mención de contidos externos a esta rede. Tales enlaces en ningún caso, implican o apoio, aprobación, comercialización ou relación algunha entre Redelibros e as persoas ou entidades autoras e/ou xestoras de tales contidos ou titulares dos sitios onde se atopen. En calquera caso, toda integración de servizos de terceiros estará suxeita aos termos e condicións que os seus provedores declaren. Invitámosche a ler as súas propias condicións de servizo para coñecelas con maior detalle. O membro/usuario será dado de alta automaticamente no boletín da rede social e poderá cancelar devandita inscrición, sempre que o desexe, desde o seu espazo na web.

Lexislación aplicable


O rexistro da túa conta e acceso ao sitio presupón que aceptas estes principios. As presentes condicións xerais rexeranse pola lexislación española. Para a resolución de calquera controversia ou desacordo no expresado no presente documento ou outras desavinzas por uso da rede social, fíxanse como únicos tribunais válidos os xulgados e tribunais de Vigo (España). A presente versión foi desenvolvida polos administradores deste sitio e publicada oficialmente o luns 10 de agosto do 2010. Unha nova versión poderá ser publicada de acordo coa decisión dos administradores por necesidades do servizo, coa consecuente modificación do presente documento.