Queres publicar?

A autoedición é hoxe unha forma de publicación na que no pasado autores como Joyce, Hemingway o Proust xa publicaran as súas propias obras. As novas tecnoloxías consegueron que, en poucos anos, a edición e a impresión dun libro por conta propia sexa accesible para todo o mundo.

 

Moitos autores e autoras gardades no caixón novelas, poemarios, biografías, material docente ou artigos universitarios; ou quizais considerastes algunha vez dispoñer dos vosos proxectos nun formato que perdure no tempo, para agasallar as vosas familias ou aos colegas; ou pode que teñades algunha obra xa descatalogada que vos gustaría reeditar e volver a ver nas librarías… e non rematades de decidirvos por falta de tempo ou porque pensades que editar é algo complicado.

 

En Redelibros queremos axudarvos a que levedes adiante os vosos proxectos. E para iso, poñemos á vosa disposición un equipo de profesionais da edición, do deseño e da impresión que vos axudarán desde a edición á distribución, ao longo do camiño.

 

Contamos cun equipo moi cualificado de escritores, editores, maquetadores e impresores que se encargarán de canto precises, e consultarán sempre contigo cada un dos pasos: o deseño, a revisión e a edición, a maquetación e a impresión; así que nós levaremos á práctica ás túas decisións. Tamén realizamos os trámites administrativos precisos para que poidas obter o ISBN e o depósito legal, imprescindibles para comercializar a obra.

 

O único que tes que facer é enviarnos o teu manuscrito e dicirnos en que formato ou formatos che gustaría ver a túa obra publicada, e enviarémosche un presuposto se compromiso para imprimir o número de exemplares que precises a partir de vinte e cinco exemplares.

 

Servizos editoriais

Ademais da impresión e a encadernación do teu libro, podes solicitarnos prezo para os seguintes servizos editoriais:

Corrección de estilo e/ou ortotipográfica,

Maqueta do interior e da cuberta,

Deseño da portada,

Publicación en ebook

 

Se non precisas algún ou ningún deles, ou prefires contratalos pola túa conta, ou se xa tes a túa maqueta feita; podes enviarnos os arquivos listos para imprimir, ou axudarémoste a preparalos para que teñan calidade suficiente para a impresión.

 

En calquera caso, non imprimiremos nin interior nin a portada, se non contan coa túa aprobación.

 

Distribución e promoción:

 

Sabemos que a parte máis difícil da publicación é a comercialización e, se nolo solicitas e o libro encaixa nas nosas coleccións, Redelibros tamén poderá encargarse de xestionar a distribución do teu libro en papel.

 

A través da nosa distribuidora a túa obra chegará ás librarías de Galiza, e, a través de Amazon, ao resto da península e mesmo ao estranxeiro.

 

Unha vez publicado, contarás co apoio da rede social de Redelibros para promocinar o teu libro, e que está presente noutras redes sociais, como Facebook e Twitter, nas que se difundirán os eventos e reseñas relacionados contigo e a túa obra.

 

e nos envías o teu libro en papel, ou se a encargaches coa edición en papel, publicarémos i teu libro electrónico nos formatos epub e .movi para Kindle, para que os poidas distribuír na maioría das plataformas de venda de libro electrónico.

 

Dereitos de autor

 

Con Redelibros asinarás un contrato de autopublicación no que se realiza unha cesión de dereitos de carácter non exclusivo, así que os dereitos de autoría seguirán sendo teus en todo momento, o que te garantizará que poidas dispoñas deles cando o precises.

 

Prezos

 

Para nós cada libro é único polo que non podemos aplicar tarifas de prezos fixas, pero se contactas con nós e nos envías o teu manuscrito, enviarémosche un presuposto sen compromiso.

 

Unha vez publicado, contarás co apoio da rede social de Redelibros para promocinar o teu libro, e que está presente noutras redes sociais, como Facebook e Twitter, nas que se difundirán os eventos e reseñas relacionados contigo e a túa obra.

 

 

Se tes calquera dúbida ou precisas asesoramento, podes contactar con nós enchendo o formulario de abaixo.

 

 

Pero hai máis…

 

Para que publicar non supoña un gasto económico que non poidas asumir, podes contar con nós para publicitar e xestionar o teu proxecto en Verkami, unha plataforma de crowfunding moi ligada ao mundo da cultura. Alí poderás atopar xente interesada en financiar a túa obra.

 

 

Estás interesado? Pois o tes doado: ponte en contacto con nós. Preferimos manter un trato personalizado cos autores, e por iso non dispomos dun servizo automatizado para o envío de obras. Para nós cada libro é un proxecto novo e xa que logo desexamos coñecerte a ti e a túa obra de primeira man. Se queres máis información, non dubides en contactar con nós a través do formulario inferior. Responderemos as túas dúbidas e, se o desexas, chamarémoste para falar con calma

 

Contacto

Ponte en contacto connosco

Se queres facernos chegar unha pregunta, usa o seguinte formulario.