Compra enlaces

Enlaces en libros



Gratis para colaboradores Válidos 2 meses

Como inserir un enlace nun libro

Para inserir un anuncio nun libro que redirixa aos usuarios á túa tenda ou web precisas de varias cousas:

Primeira: crear un anuncio (esto só terás que facelo a primeira vez)
Características: debe respectar uns máximos de tamaño de 150 píxels de ancho e 60 de alto. Os formatos soportados son gif, jpg e png.

Exemplo:

Podes crealo ti mesmo cun programa de edición fotográfico (Corel Draw, Gimp, Photoshop, Paint...) ou buscar en internet unha plantilla de uso libre e personalizala cun destes programa de edición. Se queres algo máis rápido e intuitivo podes usar un programa online de creación de botóns como As button generator aquí podes consultar un pequeno tutorial. Se tes algún problema, mándanos un correo co nome que queiras que apareza no anuncio e enviarémosche un xenérico.

Unha vez creado, terás que subir a imaxe do anuncio ao teu dominio vía FTP ou a calquera servizo de aloxamento de imaxes como Flickr ou Picasa para obter unha URL. Tamén podes facelo desde Redelibros a través do módulo de álbumes, facendo click co botón dereito sobre a imaxe unha vez subida e usando a opción "Copiar URL da imaxe", "Copiar a ruta da imaxe" ou a que corresponda o teu navegador.



Segunda: localizar o link a túa tenda ou web
Se tes tenda web, recomendámosche que non copies a url da tenda, senón a do libro concreto na túa tenda, para que así a visita (e a posible compra) sexa fácil e intuitiva.

Un exemplo: se queres publicitar a túa librería en xeral, bastará con copiar a súa url (por exemplo, http://www.libraria.es). Pero, se o que queres é que o usuario que estea vendo a ficha de, digamos, “Memorias dun neno labrego”, vaia directamente ao libro “Memorias dun neno labrego” na túa web, entra na túa librería, ve á páxina dese libro e copia a url que aparece no navegador (que será algo así como: http://www.lalibraria.es/memorias-dun-neno-labrego).


Como podo copiar unha URL?


Terceira: inserir o anuncio

Estes son os pasos:

1. Busca en Redelibros a ficha do libro no que queres incluír o anuncio e fai clic na opción “Editar detalles do libro” no menú que aparece á esquerda baixo a imaxe da portada.



2. Vai á parte final do formulario (abaixo de todo, no segundo recadro grande) e fai click no botón “html”. Se aínda non tes unha URL para o teu anuncio, deberás obtela antes deste paso.



3. Copia o seguinte texto no cadro que se despregou. Agora substitúe, no texto que pegaches, “Url da túa web” polo link da túa tenda ou web que seleccionaches previamente e “Url do teu anuncio” pola url onde estea aloxado o teu anuncio (ten en conta que os teus links deben ir entre comiñas e sen parénteses):



4. Fai click no botón “Actualizar” da parte inferior do cadro despregable. Agora deberías ver a imaxe do teu anuncio no recadro.

5. Por último, fai click en “Inserir anuncio no recadro superior. Opción reservada a colaboradores e anunciantes”. Xa terás o anuncio na ficha do libro...

NOTA
Se existise algún anuncio previo no libro seleccionado, non tes máis que pegar o teu código a continuación, pero NUNCA borres os anuncios existentes.

Se tes algún problema ou dúbida en calquera punto do proceso, escríbenos mediante este formulario.